Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Xoves, 24 de novembro de 2022 Páx. 61058

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 9 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade de resolucións de modificación de autorizacións ambientais integradas e as correccións de erros.

De conformidade co disposto no artigo 24.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade das seguintes resolucións:

Instalación: planta de produción eléctrica a partir de biomasa

Procedemento: modificación do plan de vixilancia da autorización ambiental integrada

Titular: Greenalia Biomass Power Curtis Teixeiro, S.L.U.

Núm. de rexistro AAI: 2017-IPPC-42-312

Localización: concello de Curtis (A Coruña)

Instalación: explotación avícola de cría e ceba de pavos

Procedemento: modificación non substancial e modificación do plan de vixilancia ambiental da autorización ambiental integrada

Titular: Unión de Inversiones Miño, S.A.

Núm. de rexistro AAI: 2007/0095_NAA/IPPC_141

Localización: Vilela, concello de Cualedro (Ourense)

Expediente de modificación: 2022-IPPC-M-10

Instalación: Complexo Industrial de San Cibrao, plantas de alumina e de aluminio

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Alúmina Española, S.A.

Titular: Aluminio Español, S.A.

Núm. de rexistro AAI: 2020-IPPC-110-331

Localización: concellos de Xove e de Cervo (Lugo)

Expediente: 2020-IPPC-M-153

Instalación: planta de elaboración de preparados de produtos do mar

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Pescanova España, S.L.U.

Núm. de rexistro AAI: 2019-IPPC-21-348

Localización: polígono industrial de Sabón, Arteixo

(A Coruña)

Expediente: 2022-IPPC-M-57

Instalación: planta de fabricación de cervexa

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Hijos de Rivera, S.A.U.

Núm. de rexistro AAI: 2006/0133_NAA/IPPC_023

Localización: polígono industrial da Grela-Bens

(A Coruña)

Expediente: 2022-IPPC-M-109

Instalación: fábrica de elaboración de pensos

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Aira, S.C.G.

Núm. de rexistro: 2007/0027_NAA/IPPC_040

Localización: concello de Taboada, Lugo

Expediente: 2022-IPPC-M-49

Instalación: explotación avícola A Xironda

Procedemento: modificación da autorización

ambiental integrada

Titular: Agroganadera de Seoane, S.L.

Núm. de rexistro: 2007/0053_NAA/IPPC_153

Localización: concello de Cualedro (Ourense)

Instalación: planta de produción de clínker e cemento

Trámite: actualización de datos relativos ás inscricións no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia

Titular: Votorantim Cementos España, S.A.

Núm. de rexistro AAI: 2005/0057_NAA/IPPC_091

Localización: concello de Sarria (Lugo)

Expediente: 2022-IPPC-M-90

Estas resolucións poderán consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático