Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Mércores, 23 de novembro de 2022 Páx. 60813

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 8 de novembro de 2022 polo que se notifica o prazo de alegacións no procedemento de acceso a información pública 2022/T-00621.

Solicitouse información á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sobre a existencia de expediente de reposición da legalidade urbanística en relación co inmoble coa referencia catastral 8318928MH7581N0045II, na avenida de Galicia, 12 Es, 2-1A, no concello de Fisterra, provincia da Coruña.

De acordo co establecido polo artigo 27 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 19 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dado que o acceso á información solicitada pode afectar dereitos ou intereses de terceiros, concederáselles un prazo de 15 días hábiles para que poidan realizar as alegacións que consideren oportunas, e suspéndese do prazo para resolver ata que se reciban as alegacións ou transcorra o prazo concedido para a súa presentación.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do prazo de alegacións ás persoas titulares dos documentos nacionais de identidade número 33505371Y e 53020655C, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ás persoas interesadas o devandito trámite por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O prazo previsto para a súa presentación contarase desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística