Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Mércores, 23 de novembro de 2022 Páx. 60811

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 9 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Celeiro, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-LU-0086/2018-ORS e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-LU-0086/2018-ORS e dous máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c) da mesma lei.

Celeiro, 9 de novembro de 2022

O xefe territorial de Celeiro
P.S. (Resolución do 15.7.2021, da conselleira do Mar)
Amador Prado Vázquez
Xefe do Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-LU-0086/2018-ORS

76408349A

Resolución

R/ Ensino, 5, 1º esq., Cedeira

PSC-LU-0087/2018-ORS

76406515D

Resolución

Montemeao, 9, San Román de Montoxo, Cedeira

PSC-LU-0010/2022-PPM

34882478B

Resolución

R/ Río dos Foles, 17, 4º B, Viveiro