Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Mércores, 23 de novembro de 2022 Páx. 60726

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 7 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2022 destinadas ás asociacións inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía (código de procedemento MT811B) (Diario Oficial de Galicia número 244, do 22 de decembro).

O artigo 19 da Orde do 7 de decembro de 2021 pola que se establecen bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2022 destinadas ás asociacións inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía (código de procedemento MT811B) establece que no prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución das concesións se publicará no Diario Oficial de Galicia a relación de subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, entidade beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

En consecuencia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións ao abeiro da Orde do 7 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2022 destinadas ás asociacións inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía (código de procedemento MT811B), segundo o anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2022

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural

ANEXO

Norma reguladora: Orde do 7 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2022 destinadas ás asociacións inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía (código de procedemento MT811B)

Crédito orzamentario: 170.000 euros.

Aplicación orzamentaria: 08.03.541B.481.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

Crédito orzamentario: 50.000 euros.

Aplicación orzamentaria: 08.03.541B.781.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

Finalidade: establecer as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2022 destinadas ás asociacións inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía (código de procedemento MT811B).

Expediente, entidades beneficiarias, aplicación orzamentaria, importe adxudicado:

Nº expediente

Entidade beneficiaria

Aplicación orzamentaria

Importe adxudicado (€)

MT811B/001/2022

Asociación Gatiños da Rúa

08.03.541B.481.0

3.228,91

MT811B/002/2022

Asociación Protectora de Animais do Camiño

08.03.541B.781.0

2.500,00

MT811B/004/2022

Asociación Protectora de Animais de Ourense

08.03.541B.481.0

59.913,31

MT811B/004/2022

Asociación Protectora de Animais de Ourense

08.03.541B.781.0

1.598,00

MT811B/004/2022

Asociación Protectora de Animais de Ourense

08.03.541B.781.0

4.399,76

MT811B/005/2022

Asociación Protectora de Animales de Cambados

08.03.541B.481.0

21.159,59

MT811B/005/2022

Asociación Protectora de Animales de Cambados

08.03.541B.781.0

727,66

MT811B/005/2022

Asociación Protectora de Animales de Cambados

08.03.541B.781.0

1.201,33

MT811B/006/2022

Asociación Protectora de Animais Gatocán

08.03.541B.481.0

5.461,01

MT811B/006/2022

Asociación Protectora de Animais Gatocán

08.03.541B.781.0

1.619,86

MT811B/006/2022

Asociación Protectora de Animais Gatocán

08.03.541B.781.0

4.890,92

MT811B/007/2022

Asociación Micos do Barrio

08.03.541B.781.0

1.545,28

MT811B/008/2022

Asociación Pro Animales Verín (PAVE)

08.03.541B.481.0

5.126,52

MT811B/008/2022

Asociación Pro Animales Verín (PAVE)

08.03.541B.781.0

5.000,00

MT811B/009/2022

Asociación Protectora de Animais de Vilagarcía

08.03.541B.481.0

23.134,45

MT811B/009/2022

Asociación Protectora de Animais de Vilagarcía

08.03.541B.781.0

5.000,00

MT811B/010/2022

Asociación Protectora Bigotes Colonias de Gatos de Lalín

08.03.541B.481.0

1.203,40

MT811B/011/2022

Asociación Animals Help

08.03.541B.481.0

4.490,01

MT811B/011/2022

Asociación Animals Help

08.03.541B.781.0

650,16

MT811B/012/2022

Asociación Colonias Canguesas

08.03.541B.481.0

2.280,52

MT811B/012/2022

Asociación Colonias Canguesas

08.03.541B.781.0

42,86

MT811B/014/2022

Asociación Protectora de Animais e Prantas de Vigo

08.03.541B.481.0

22.948,92

MT811B/015/2022

Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos

08.03.541B.481.0

21.053,36

MT811B/015/2022

Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos

08.03.541B.781.0

2.500,00