Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Martes, 22 de novembro de 2022 Páx. 60602

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 7 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 2019/0006-0.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación e ao resultar infrutuosa, mediante este anuncio notifícaselle á empresa relacionada no anexo a resolución ditada no expediente sancionador na orde social.

O texto íntegro da resolución poderá consultarse nas dependencias da Dirección Xeral de Relacións Laborais, situada no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado. Unha vez transcorrido este prazo, daranse por notificadas as actuacións.

A resolución pon fin á vía administrativa, polo que a interesada poderá impugnala ante os xulgados do social, no prazo de dous meses contados desde a súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 2.n) e 6.2.b) da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Advertíndolle de que terá que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na correspondente Xefatura Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, no número de conta, na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, dentro do prazo de pagamento do período voluntario, xa que noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento.

Sanatiago de Compostela, 7 de novembro de 2022

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Empresa

Domicilio e localidade

Número de expediente e acta de infracción

Data da resolución

Preceptos

Sanción imposta

Infrinxidos

Sancionadores

Operador Logístico Logia, Sociedade Limitada

San Fernando de Henares (Madrid)

RL 2019/0006-0

30023/2019/1/T

26 de outubro de 2021

Artigos 4.2.e) e 19 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores

Artigo 8.11 do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto

25.001 euros