Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Martes, 22 de novembro de 2022 Páx. 60604

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 8 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución de arquivamento de varios procedementos sancionadores por infracción en materia sanitaria (expediente 2021530AE-OU e catro máis).

A xefa territorial de Ourense ditou a resolución de arquivamento do procedemento sancionador 2021530AE-OU e catro máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia da resolución da Sentenza nº 183/2021, do Tribunal Constitucional, pola que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, en que se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.

Tras intentar a notificación destas resolucións segundo o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio, se lles notifica aos interesados o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o coñecemento das persoas interesadas.

Contra estas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio expídese para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Ourense, 8 de novembro de 2022

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número
de expediente

DNI/NIE da persoa interesada

Último enderezo coñecido

2021530AE-OU

X8308670N

Avenida de Zamora, núm. 90-1º, 32005 Ourense

2021532AE-OU

45143028P

Rúa Extramuros, núm. 64, 32400 Ribadavia (Ourense)

2021534AE-OU

35581552T

Avda. de Bos Aires, núm. 183-3º A, 32004 Ourense

2021536AE-OU

Y0592575V

Avda. de Zamora, núm. 7-1º B, 32002 Ourense

2021545AE-OU

45160109T

Fonteboa, núm. 36, 32573 Maside (Ourense)