Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Martes, 22 de novembro de 2022 Páx. 60591

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 12 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete á información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Promalia Proyectos, S.L. para a explotación porcina de porcas reprodutoras situada na parroquia de Lendo, concello da Laracha (A Coruña) (expediente 2019-IPPC-M-176).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, sométese á información pública, durante un período de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento do proxecto de revisión da autorización ambiental integrada de Promalia Proyectos, S.L., na Laracha (A Coruña), para que calquera persoa interesada poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>medio ambiente e sostibilidade>prevención e control de actividades>autorización ambiental integrada>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Expediente: 2019-IPPC-M-176.

Núm. da autorización ambiental integrada: 2007/0044_NAA/IPPC_211.

Categoría principal da actividade: anexo I, grupo 9.3.c).

Titular: Promalia Proyectos, S.L.

CIF: B70460670.

Domicilio social: rúa Juan Sebastián el Cano, 20, 8º esquerda, 15002 A Coruña.

Localización da instalación: parroquia de Lendo, concello da Laracha (A Coruña).

Actividade principal: explotación porcina de porcas reprodutoras.

Descrición: a explotación ten autorización ambiental integrada para máis de 750 prazas de porcas reprodutoras. A instalación conta con cinco naves e silos para o almacenamento do penso. Ademais, existe un conxunto de fosas interiores e fosas exteriores que garanten o almacenamento do xurro producido durante seis meses.

Verteduras: as augas residuais xeradas nos aseos e vestiarios, e as augas residuais da limpeza das naves, condúcense cara ás fosas interiores de almacenamento do xurro. Posteriormente trasládanse ata as fosas exteriores e xestiónanse conxuntamente co devandito xurro. As augas pluviais vértense directamente no terreo.

O xurro xerado na explotación recollerao un xestor autorizado.