Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Luns, 21 de novembro de 2022 Páx. 60202

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2022 pola que se modifican os prazos de emisión das facturas (realización de gastos) e realización de pagamentos dos proxectos financiados ao abeiro da Resolución do 4 de agosto de 2022, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas ao apoio de entidades que superaron os limiares mínimos establecidos na Resolución do 7 de maio de 2021, do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial EPE (CDTI), pola que se aproba a convocatoria para o ano 2021 do procedemento de concesión de axudas destinadas a novos proxectos empresariais de empresas innovadoras (programa Neotec), e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento IN870A).

O 30 de agosto de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 4 de agosto de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas ao apoio de entidades que superaron os limiares mínimos establecidos na Resolución do 7 de maio de 2021, do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial EPE (CDTI), pola que se aproba a convocatoria para o ano 2021 do procedemento de concesión de axudas destinadas a novos proxectos empresariais de empresas innovadoras (programa Neotec), e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento IN870A).

Na táboa primeira do punto 1 do artigo 27 establécese que, para os proxectos con data de inicio o 1.1.2022, o período de emisión das facturas (realización de gastos) e pagamentos da primeira anualidade é desde o 1.1.2022 ata o 30.10.2022. Tendo en conta os trámites necesarios para a instrución do procedemento de concesión, proponse a extensión da devandita anualidade un mes adicional, dese xeito o novo período de emisión das facturas e realización de pagamentos sería desde o 1.1.2022 ata o 30.11.2022.

Por outro lado, advírtese un erro para os proxectos con data de inicio o 1.8.2022 (táboa segunda do punto 1 do artigo 27), en concreto, para os proxectos de duración 12 meses, estes proxectos terían como período de realización de gastos e pagamentos da segunda anualidade desde o 1.12.2022 ata o 30.9.2023, o que daría lugar a unha duración total destes proxectos de 14 meses, en lugar dos 12 meses, o cal é incoherente co punto 11 do artigo 25 de modificacións que indica que non se permiten solicitudes de prórroga dos prazos de execución. Por este motivo, proponse separar a duración da segunda anualidade tendo en conta se o proxecto é de duración de 12 meses ou de 24 meses e, por tanto, para os proxectos de 12 meses o período de emisión de facturas e realización de pagamentos sería desde o 1.12.2022 ata o 31.7.2023.

Consecuentemente con todo o anterior, a directora da Axencia Galega de Innovación, en exercicio das facultades que lle confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación,

RESOLVE:

1. Modificar o artigo 27, punto 1, que queda redactado do seguinte xeito:

«Períodos de emisión das facturas (realización de gastos) e realización de pagamentos dos gastos executados para os proxectos con data de inicio o 1.1.2022:

Primeira anualidade

Segunda anualidade

Terceira anualidade

(só proxectos a 24 meses)

Período de realización de gastos e pagamentos (coa excepción dos pagamentos da Seguridade Social, IRPF e auditoría que se mencionan a seguir)

Do 1.1.2022

ao 30.11.2022

Proxectos de

12 meses

Proxectos de 24 meses

Do 1.11.2023

ao 31.12.2023

Do 1.12.2022

ao 31.12.2022

Do 1.11.2022 ao 30.10.2023

Períodos de emisión das facturas (realización de gastos) e realización de pagamentos dos gastos executados para os proxectos con data de inicio o 1.8.2022:

Primeira anualidade

Segunda anualidade

Terceira anualidade

(só proxectos a 24 meses)

Proxectos de

12 meses

Proxectos de 24 meses

Período realización de gastos e pagamentos (coa excepción dos pagamentos da Seguridade Social, IRPF e auditoría que se mencionan a seguir)

Do 1.8.2022

ao 30.11.2022

Do 1.12.2022 ao 31.7.2023

Do 1.12.2022 ao 30.9.2023

Do 1.10.2023

ao 31.7.2024»

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2022

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación