Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Xoves, 17 de novembro de 2022 Páx. 59806

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 3 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acto de ocupación e requirimento de follas de valoración ás persoas afectadas pola execución do proxecto LMT CT RBT Covelas e Ribeira, no concello de Vedra.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio infórmaselles ás persoas afectadas pola expropiación do acto de ocupación dos predios afectados e o requirimento das súas follas de valoración relativas aos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que figura no anexo.

A data de ocupación será o 18 de novembro de 2022 e partir desa data poderán as persoas interesadas presentar a súa folla de valoración segundo o previsto no artigo 30 da Lei de expropiación forzosa.

As persoas interesadas poderán acudir á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A., como beneficiaria da expropiación, para que lles facilite canta información precisen para coñeceren a afección sobre os predios, un posible acordo económico, ou a rectificación da titularidade ou do enderezo, de ser o caso, chamando ao teléfono 981 01 45 00, Departamento de Tramitacións da Delegación da Coruña.

A Coruña, 3 de novembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/169-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT CT RBT Cubelas e Ribeira.

Concello: Vedra.

Nº de predio

Lugar

Titular

Data

2

Sarandón

Descoñecido

18.11.2022

26

Sarandón

Descoñecido

18.11.2022