Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Xoves, 17 de novembro de 2022 Páx. 59804

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 2 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o pagamento do prezo xusto por expropiación no expediente IN407A 2020/89-1.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio infórmaselles ás persoas afectadas pola expropiación do acto de pagamento do prezo xusto do predio que se relaciona no anexo.

O pagamento efectuarase o 28 de novembro de 2022, ás 10.30 horas, no Centro Cívico de Palavea (praza Padre Busto, nº 1) do concello da Coruña.

Os pagamentos faranse de acordo co previsto no artigo 3 da Lei de expropiación forzosa ás persoas propietarias ou titulares do dereito expropiado, que presentarán o título de propiedade e o DNI para a súa identificación. No caso de que o titular non poida comparecer ou compareza alguén que actúe en representación dunha pluralidade de titulares, ese representante deberá acreditar a súa condición mediante un poder de representación ou documento privado asinado pola(s) persoa(s) titulares e presentará tamén copia do seu DNI así coma os dos seus representados.

No suposto de que o pagamento non poida efectuarse no día sinalado, a entidade beneficiaria consignará a indemnización na Caixa de Depósitos da Consellería de Facenda. Este acto será notificado aos expropiados xunto coas instrucións para poder cobrar o depósito.

A Coruña, 2 de novembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/89-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: reforzo LMT EIR721 Alimentación Begano-Alfonso Molina. A Coruña.

Predio núm.

Titularidade proposta

Motivo da publicación

7

Herdeiros de Carmen Veira Fernández

A notificación foi devolta por Correos por enderezo incorrecto