Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Xoves, 17 de novembro de 2022 Páx. 59609

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 10 de novembro de 2022 pola que se modifica a Orde do 13 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a pemes, autónomos, asociacións e fundacións de Galicia para o financiamento de actuacións destinadas á preparación para a reutilización e reciclaxe de residuos téxtiles recollidos separadamente, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva por anticipado de gasto para o ano 2022 (código de procedemento MT975L).

O 14 de decembro de 2021, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicou a Orde do 13 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a pemes, autónomos, asociacións e fundacións de Galicia para o financiamento de actuacións destinadas á preparación para a reutilización e reciclaxe de residuos téxtiles recollidos separadamente, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva por anticipado de gasto para o ano 2022 (código de procedemento MT975L).

O artigo 5.1 desta orde establece que as axudas convocadas se financiarán con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2022 e 2023, cun importe total de 2.886.304 €. Este importe está distribuído entre as aplicacións 08.02.541D.770.0, por importe de 865.891 €, e 08.02.541D.781.0, por importe de 2.020.413 €.

O 3 de agosto de 2022 emítese a Resolución pola que se dá publicidade das axudas concedidas a asociacións e fundacións de Galicia con cargo á aplicación 08.02.541D.781.0.

O artigo 5.2 da Orde do 13 de decembro de 2021 prevé que, polo tanto, unha vez resoltas as axudas correspondentes a asociacións e fundacións e comprobada a insuficiencia de crédito para atender debidamente todas as solicitudes de axuda formuladas que deben ser financiadas con cargo á aplicación 08.02.541D.770.0, co fin de dar mellor cumprimento á finalidade da convocatoria, modifícase o crédito dispoñible na indicada aplicación e modifícase a súa distribución entre cada unha das liñas, de xeito que poida resultar adxudicatario un maior número de entidades. Contribuirase así á consecución dos obxectivos vixentes nesta materia tras as novidades introducidas no contexto comunitario, de conformidade coa folla de ruta cara a unha Europa eficiente no uso dos recursos, no marco da Estratexia 2020, así como tendo en conta as medidas recollidas no paquete de economía circular, aprobado pola Comisión Europea en decembro de 2015, piares básicos para unha xestión eficiente dos recursos e dos residuos, que se sustenta, fundamentalmente, na prevención e na reciclaxe e en reforzar o principio de xerarquía nas opcións de xestión de residuos. Esta modificación realízase sen superar o crédito máximo previsto das convocatorias realizadas na devandita Orde do 13 de decembro de 2021.

De acordo co previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 5.6 da orde establécese a posibilidade de ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; cando existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ou no suposto previsto no artigo 25.3 do regulamento.

Con cargo aos fondos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia aprobouse un incremento do crédito mediante unha transferencia de crédito de 38.118,30 euros para o ano 2022 e unha superación de límites de 410.544,40 € para o ano 2023, cun importe total de 448.662,70 euros, co obxecto de aumentar o crédito na aplicación 08.02.541D.770.0.

Así mesmo, no devandito artigo 5.6 da orde de axudas tamén se indica que o incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade como consecuencia das circunstancias sinaladas e, de ser o caso, logo de aprobación da modificación orzamentaria que proceda, e que a ampliación se debe publicar nos mesmos medios que a convocatoria, sen que implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

Por outra banda, no artigo 21.4 da Orde do 13 de decembro de 2021 establécese que as entidades beneficiarias terán como data límite para presentar a documentación xustificativa da subvención o día 30 de novembro do ano correspondente. Tendo en conta que a resolución desta axuda non se realizou no prazo previsto, co fin de facer viables os procesos de execución e xustificación dos investimentos, sen que isto cause prexuízo a terceiros, considérase necesario ampliar os prazos de execución e xustificación das axudas.

En virtude do anterior e en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e a súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

A Orde do 13 de decembro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a pemes, autónomos, asociacións e fundacións de Galicia para o financiamento de actuacións destinadas á preparación para a reutilización e reciclaxe de residuos téxtiles recollidos separadamente, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva por anticipado de gasto para o ano 2022 (código de procedemento MT975L), queda modificada como segue:

Primeiro. O punto 1 do artigo 5 queda redactado como segue:

«1. As axudas convocadas ao abeiro desta orde financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2022 e 2023 procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, cun importe total de 1.325.070,21 €.

Este importe distribúese con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.541D.770.0, código de proxecto 2022 00036, consoante o seguinte detalle:

Aplicación

Código de proxecto

Anualidade

Importe

Total

08.02.541D.770.0

2022 00036

2022

471.064,30 €

1.314.553,70 €

2023

843.489,40 €

Con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.541D.781.0, código de proxecto 2022 00036, consonte o seguinte detalle:

Aplicación

Código de proxecto

Anualidade

Importe

Total

08.02.541D.781.0

2022 00036

2022

5.506,25 €

10.516,51€

2023

5.010,26 €

A distribución por liñas da aplicación orzamentaria 08.02.541D.770.0. código de proxecto 2022 00036, é a seguinte:

Aplicación

Código de proxecto

Liña

Importe 2022

Importe 2023

Total liñas

08.02.541D.770.0

2022 00036

1

68.812 € (14,61 %)

68.800 € (8,16 %)

137.612 €

2

402.252,30 € (85,39 %)

774.689,4 € (91,84 %)

1.176.941,7 €

Total anualidades

471.064,30 €

843.489,40 €

1.314.553,70 €

A distribución por liñas da aplicación orzamentaria 08.02.541D.781.0, código de proxecto 2022 00036, é a seguinte:

Aplicación

Código de proxecto

Liña

Importe 2022

Importe 2023

Total liñas

»

08.02.541D.781.0

2022 00036

1

5.506,25 € (100 %)

5.010,26 € (100 %)

10.516,51 €

2

0 € (0 %)

0 € (0 %)

0 €

Segundo. O punto 1 do artigo 21 queda redactado como segue:

«O período subvencionable será, con carácter xeral, o comprendido entre o 1 de xaneiro de 2022 e o 30 de decembro de 2023, ambos incluídos, ben que condicionado ao exercicio orzamentario a que se queira imputar o gasto e tendo en conta as datas límite para a súa xustificación segundo o sinalado neste mesmo artigo».

Terceiro. O punto 4 do artigo 21 queda redactado como segue:

«A data límite para xustificar cada anualidade do proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será:

a) O 30 de decembro de 2022 para os proxectos que se imputen ao orzamento correspondente á anualidade de 2022.

b) O 30 de decembro de 2023 para os proxectos que se imputen ao orzamento correspondente á anualidade 2023».

Disposición adicional única. Prazo de presentación de solicitudes

A publicación desta orde non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2022

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda