Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Xoves, 17 de novembro de 2022 Páx. 59664

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal licenciado sanitario (coordinador/a de área de Atención Primaria-Farmacia).

Convocada mediante a Resolución do 26 de setembro de 2022 (DOG núm. 194, do 11 de outubro) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de coordinador/a de área de Atención Primaria-Farmacia, esta serencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade, do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal licenciado sanitario (coordinador/a de área de Atención Primaria-Farmacia), anunciada mediante a Resolución do 26 de setembro de 2022 (DOG núm. 194, do 11 de outubro).

Segundo. Nomear, no posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. Contra esta resolución poderase interpoñer, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Vigo, 4 de novembro de 2022

Francisco Javier Puente Prieto
Xerente da Área Sanitaria de Vigo

ANEXO

Posto de traballo: coordinador/a de área de Atención Primaria-Farmacia.

Nome e apelidos: José Manuel Iglesias Moreno.

DNI: ***7337**.