Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Xoves, 17 de novembro de 2022 Páx. 59665

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de varios postos de persoal licenciado sanitario (xefe/a de servizo de Atención Primaria).

Convocada mediante a Resolución do 26 de setembro de 2022 (DOG núm. 194, do 11 de outubro) a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de xefe/a de servizo de Atención Primaria, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade, do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de varios postos de persoal licenciado sanitario (xefe/a de servizo de Atención Primaria), anunciada mediante a Resolución do 26 de setembro de 2022 (DOG núm. 194, do 11 de outubro).

Segundo. Nomear, nos postos que se indican, as persoas citadas no anexo desta resolución.

Terceiro. Contra esta resolución poderase interpoñer, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Vigo, 4 de novembro de 2022

Francisco Javier Puente Prieto
Xerente da Área Sanitaria de Vigo

ANEXO

Posto de traballo: xefe/a do Servizo de Atención Primaria de Coruxo.

Nome e apelidos: María del Carmen Pache Muíños.

DNI: ***4622**.

Posto de traballo: xefe/a do Servizo de Atención Primaria de Redondela.

Nome e apelidos: María Jesús Saiz Rubio.

DNI: ***2926**.

Posto de traballo: xefe/a do Servizo de Atención Primaria de San Paio de Navia.

Nome e apelidos: Gonzalo López Vilar.

DNI: ***3727**.

Posto de traballo: xefe/a do Servizo de Atención Primaria de Tui.

Nome e apelidos: Santiago Posse Arenas.

DNI: ***2712**.