Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Martes, 15 de novembro de 2022 Páx. 59330

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 27 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego (lote 252).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de intentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícanselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as comunicacións de inicio ou resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando a documentación que consideren oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador, a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderá interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, reclamación administrativa previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda, perante o xulgado do social competente, no prazo de dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditada na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 27 de outubro de 2022

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado/a (DNI/NIE)

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

36054091G

36054091G/24-08-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vigo

36070904G

36070904G/24-05-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vigo

50772552Y

50772552Y/05-09-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vilagarcía de Arousa

53171096H

53171096H/21-09-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vigo

01852988Q

01852988Q/18-05-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

34983638V

34983638V/08-07-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

35444299B

35444299B/13-06-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Illa de Arousa, A

35474813G

35474813G/02-06-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Ribadumia

35480439H

35480439H/13-04-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vilanova de Arousa

36127236D

36127236D/13-05-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

70883295D

70883295D/06-07-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

78737282W

78737282W/22-08-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Cangas

X1869516F

X1869516F/06-06-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vilagarcía de Arousa

X3535952R

X3535952R/12-05-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

76807629A

76807629A/22-02-2022/2.1.E

Resolución de reclamacións administrativas previas

Cangas