Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Venres, 11 de novembro de 2022 Páx. 59019

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 27 de outubro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se dá publicidade da declaración comprensiva da situación patrimonial dun alto cargo.

O artigo 49.4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece a obriga de todos os cargos públicos incluídos no seu ámbito de aplicación, definido no artigo 37, de cubrir unha declaración comprensiva da súa situación patrimonial, no modelo que aprobe a persoa titular da consellería competente en materia de función pública.

Esta declaración deberá ser presentada no Rexistro de Bens Patrimoniais no prazo dos tres meses seguintes á data de toma de posesión e de cesamento, respectivamente, ante a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Mediante a Orde do 3 de marzo de 2016, do titular da consellería competente en materia de función pública, aprobáronse os modelos oficiais de declaracións que deben formular os altos cargos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 44, do 4 de marzo).

Antonio Basanta Fernández cesou como xefe do Gabinete da Consellería do Mar e, en virtude do Decreto 78/2022, do 25 de maio (DOG núm. 101, do 27 de maio), foi nomeado, tomou posesión no cargo de director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica e presentou o anexo IV do contido da declaración de bens patrimoniais para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

Procede, en consecuencia, dar publicidade ao contido do anexo presentado para tal efecto, comprensivo da situación patrimonial que declara no seu nomeamento e que se publica como anexo a este anuncio.

Tal e como consta no referido modelo do anexo IV:

1. Non se inclúen os seguros de vida.

2. No suposto de bens indivisos, indícase o valor que corresponde segundo a porcentaxe de participación do declarante no ben ou dereito patrimonial.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2022

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Titular do cargo: Antonio Basanta Fernández.

Cargo público orixe da declaración: director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica.

Motivo: cesamento e toma de posesión.

I. Activo.

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 49.233 €.

2. Valor total doutros bens: 25.000 €.

3. Total: 74.233 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas etc.): 25.806 €.