Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Venres, 11 de novembro de 2022 Páx. 59017

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se anuncia o procedemento para a compra, por concurso, dun inmoble no concello de Vigo con destino a oficina de emprego.

1. Entidade adxudicadora:

Xunta de Galicia, Consellería de Facenda e Administración Pública.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: compravenda.

Descrición do obxecto: local comercial en planta baixa (segundo características e localización do prego de condicións) no Concello de Vigo , de entre 749 m2 e 1.750 m2.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Concurso público.

4. Orzamento base da licitación:

Importe máximo: 800.000 € (máis impostos).

5. Obtención de documentación e información:

Subdirección Xeral do Patrimonio. Consellería de Facenda e Administración Pública.

Rúa Pastoriza, 8, 15781 Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 41 51.

Web: https://www.conselleriadefacenda.es/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/concursos/compras

Correo electrónico: ax.patrimonial.facenda@xunta.gal

6. Presentación das ofertas:

Data límite de presentación: 1 mes desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio.

Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de condicións.

Lugar de presentación: Rexistro da Xunta de Galicia en Vigo ou calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

7. Apertura das ofertas:

Data: 26 de decembro de 2022.

Hora: 10.00 horas.

Lugar: sala de xuntas da Consellería de Facenda e Administración Pública en San Caetano, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2022

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio
da Consellería de Facenda e Administración Pública