Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2022 Páx. 58509

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se conceden a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Palas de Rei (expediente IN407A 2022/26 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: rúa A Batundeira, nº 2, Velle, Ourense.

Denominación: regulamentación LAMT PAL 805 Friol 5, entre os apoios B8SI5HF9//37 e B8W9CQ7E//37-4-CT-CT27C703 Quindimil, Palas de Rei (Lugo).

Situación: concello de Palas de Rei.

Características técnicas principais:

• Liña de media tensión aérea 20 kV FRO805 con orixe no apoio existente B8SI5HF9//37 e final no apoio proxectado B8W9CQ7E//37-4-CT, cunha lonxitude de 216 metros, 57 metros retensado de condutor existente e 159 metros en condutor novo tipo LA-56. Substitúense tres apoios por deterioración e instálanse dous apoios novos de celosía tipo C-12/2000 e C-14/3000.

• Substitución do CT 27C703 Quindimil, actualmente en caseta, por un CT intemperie sobre apoio de formigón tipo C-3000-14, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación 20.000/400-230 V.

Finalidade da instalación: regulamentación de instalacións.

Orzamento: 22.542,07 €.

Documentación que se acompaña:

• Separata para o Concello de Palas de Rei.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e deberá realizarse a dirección de obra por técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberanse cumprir as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 17 de outubro de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo