Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2022 Páx. 58557

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 18 de outubro de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se lles notifican a varias personas os prazos de ingreso, en período voluntario e en período executivo, polos servizos sanitarios prestados.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a seguir se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións por parte das persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria ES42 0081-5363-20-0001083113 do Banco de Sabadell nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se produza o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo dun mes, contado desde o día seguinte a esta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).

Para que conste, lles sirva de notificación aos interesados e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Pontevedra, 18 de outubro de 2022

José Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

DNI/NIF/NIE/nome

Concepto

Período

Débeda

Y06411947K

Fra. 202202697

19.5.2022

793,55

Y08536892L

Fra. 202202873

30.5.2022

408,32

Y07420692D

Fra. 202203216

14.6.2022

1.084,77

071907884V

Fra. 202203221

14.6.2022

361,59

076927826W

Fra. 202203559

6.7.2022

82,66

Y06520193Y

Fra. 202230673

19.5.2022

10.308,78

X06247693L

Fra. 202230674

19.5.2022

1.243,74

035671659Q

Fra. 202230850

11.7.2022

542,59

077461706Y

Fra. 202230913

4.8.2022

542,59