Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2022 Páx. 58348

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Castro Caldelas (expediente IN407A 2022/137-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro industrial Xosé López Seoane, colexiado número 2745 do ICOIIG, e con visado número 20213994, do 28.12.2021, do sinalado colexio profesional.

Solicitante: Eléctrica de Castro Caldelas, S.L. (CIF B15639727).

Domicilio: rúa Galera, núm. 1, 15003 A Coruña.

Denominación: regularización CST e LMT Conde Oleiros, 2, telemando.

Situación: Castro Caldelas (Ourense).

Orzamento: 10.162,00 € de execución material.

Características técnicas:

– LMTS a CST Conde Oleiros 2, a 20 kV e 197 m de lonxitude en condutor tipo RHV 3×(1×95) mm2 Al, con orixe na cela de liña do CST Edificio Correos e fin na cela de liña do CST Conde Oleiros 2 (CCC008) que se regulariza.

– LMTS a CST Conde Oleiros 2 desde P. Fronteira O Val, de 27 m de lonxitude en condutor tipo RHV 3×(1×95) mm2 Al, con inicio na cela de liña do CST Conde Oleiros 1 na cela de liña do CST Conde Oleiros 2, 400 kVA (CCC008) que se regulariza.

– (CTS) centro de seccionamento e transformación en envolvente prefabricada, manobra interior 2L+1P; telemando e trafo de protección; motorización TIPO BM en 2 celas de liña (entrada e saída) CGMCOSMOS-L; material illante aceite mineral, con CT de 400 kVA de potencia aparente. Situación Travesa da Devesa, Conde Oleiros 2.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 15 de setembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense