Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2022 Páx. 58307

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre de 2022.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), procédese a publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade aos convenios subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no segundo cuadrimestre do ano 2022, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2022

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Infraestruturas
e Mobilidade no segundo cuadrimestre de 2022

Descrición

Área

Data sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a Fundación dos Ferrocarrís de Galicia para garantir o funcionamento do Museo Galego do Ferrocarril e o desenvolvemento de actividades de exhibición dos fondos materiais propiedade deste, a divulgación destes entre a sociedade e o fomento do transporte ferroviario.

DXM

19.5.2022

30.000,00 €

Convenio colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, o Concello de Ames e a UTE XG-807, para a implantación dun servizo de interese municipal no concello de Ames.

Ames

2.6.2022

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, e o Concello do Carballiño para a execución dunha parada de autobús para intercambio intermodal nas instalacións da estación de ferrocarril, operación susceptible de financiamento ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

O Carballiño

13.6.2022

181.000,00 €

Addenda 2 modificativa ao convenio subscrito con data do 31 de maio de 2018 entre a Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, o Concello de Vigo e a entidade pública empresarial ADIF-Alta Velocidade, para a execución dos accesos e nova vialidade urbana da contorna da estación intermodal de Vigo.

Vigo

8.7.2022

0,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia e a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, para a instalación de refuxios nas paradas das liñas dos servizos de transporte interurbano de viaxeiros por estrada de Galicia pola que se amplían os prazos de execución e vixencia.

Galicia

21.7.2022

0,00 €