Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 7 de novembro de 2022 Páx. 58061

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 26 de outubro de 2022 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22, convocados pola Orde do 23 de maio de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 102, do 30 de maio).

A Orde do 23 de maio de 2022 (DOG núm. 102, do 30 de maio) pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22 establece, no seu artigo 15.2, que a persoa titular da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional elevará a proposta feita polo tribunal á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional viuse afectada pola reestruturación establecida no artigo 6 do Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 101, do 27 de maio).

Unha vez realizada a proba, publicada a acta provisional coas puntuacións obtidas polo alumnado, resoltas as reclamacións presentadas, e vistas a acta coa proposta do tribunal de adxudicación dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22 e a correspondente proposta da persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa sobre a concesión destes premios

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22, ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, por delegación de competencia establecida na Orde do 29 de xullo de 2022 (DOG núm. 151, do 9 de agosto), no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022; DOG núm. 151, do 9 de agosto)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades

ANEXO

Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021-2022

Nº inscrición

Apelidos e nome

Cód. centro

Centro educativo

Importe (€)

2272001312

Bernárdez Riopedre, Rosalía

27016704

IES Leiras Pulpeiro

1.000

2229001258

Bouzas Rodríguez, Miguel

36019268

IES Gonzalo Torrente Ballester

1.000

2268001498

Cabo Iglesias, Alejandro

36009925

CPR Plurilingüe Amor de Dios

1.000

2231001573

Cambeiro Pérez, Ariadna

15015548

CPR Plurilingüe Divino Maestro

1.000

2228001467

Castelló López, Guillermo

15015755

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

1.000

2220001402

Castrillo Sánchez, Lucía

36024987

IES de Soutomaior

1.000

2268001162

Castro Díaz, Iria

27006531

IES Lucus Augusti

1.000

2274001329

Cruz Bello, Juan

15015561

CPR Manuel Peleteiro

1.000

2205001216

Fariña Outeiro, Daniel

15008301

IES Urbano Lugrís

1.000

2262001320

Freire Fernández, Raquel

32009190

IES As Lagoas

1.000

2279001201

Freire González, Martín

36015159

IES Chan do Monte

1.000

2280001230

Lago García, Carlota

15004642

CPR Plurilingüe Santa María del Mar

1.000

2277001297

Lago Leis, Andrés

15015561

CPR Manuel Peleteiro

1.000

2237001168

Martínez Diz-Lois, Sofía

15005221

IES Plurilingüe Eusebio da Guarda

1.000

2264001188

Méndez Núñez, Julia

27006531

IES Lucus Augusti

1.000

2236001251

Prieto Carreira, Paula

32008410

CPR Plurilingüe Santo Ángel

1.000

2243001507

Rodríguez González, Marta

15005211

IES Salvador de Madariaga

1.000

2245001342

Teo Rey, Martín

15015561

CPR Manuel Peleteiro

1.000

2298001365

Touriño Alonso, Rubén

15015561

CPR Manuel Peleteiro

1.000

2221001508

Villar García, Isabel

15015561

CPR Manuel Peleteiro

1.000