Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2022 Páx. 57439

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se nomean membros do Consello Galego de Universidades.

Mediante a Orde do 19 de febreiro de 2018 nomeáronse os representantes do Parlamento de Galicia no Consello Galego de Universidades, por expiración de mandato dos membros anteriores.

O Decreto 98/2014, do 17 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Consello Galego de Universidades, regula a composición deste órgano colexiado e no seu artigo 5, na alínea h) do punto 1, establécese que formarán parte del catro membros designados pola comisión do Parlamento de Galicia competente en materia universitaria, en proporción á súa representación no Pleno do Parlamento.

O 7 de outubro de 2022, a Comisión 4ª, de Educación e Cultura, do Parlamento de Galicia, procedeu á elección, designación e proposta de nomeamento, pola expiración do período de mandato, dos catro membros elixidos en 2018.

Os acordos de designación dos membros elixidos polo Parlamento de Galicia seranlle comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da consellería, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e producirá efectos a partir desa data.

A duración do mandato dos membros do Consello Galego de Universidades de designación parlamentaria será de catro anos e permanecerán en funcións desde a expiración do devandito período ata a toma de posesión dos novos membros.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear os seguintes vogais, como membros designados pola Comisión 4ª, Educación e Cultura, do Parlamento de Galicia a:

– Begoña Barreiro Fernández.

– Senén Barro Ameneiro.

– Irene Garrido Valenzuela.

– Montserrat Valcárcel Armesto.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional
e Universidades