Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2022 Páx. 57437

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se dispón o cesamento de membros do Consello Galego de Universidades.

Mediante a Orde do 19 de febreiro de 2018 nomeáronse os representantes do Parlamento de Galicia no Consello Galego de Universidades, por expiración de mandato dos membros anteriores.

Por renuncia de Elisa Alén González, nomeada pola Orde do 19 de febreiro de 2018, procedeuse ao nomeamento de Begoña Barreiro Fernández, mediante a Orde do 6 de abril de 2021.

O Decreto 98/2014, do 17 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Consello Galego de Universidades, regula a composición deste órgano colexiado e no seu artigo 5, na alínea h) do número 1, establécese que formarán parte del catro membros designados pola comisión do Parlamento de Galicia competente en materia universitaria, en proporción á súa representación no Pleno do Parlamento.

Establece o artigo 8 do Regulamento do Consello Galego de Universidades que a duración do mandato dos membros de designación parlamentaria será de catro anos. Transcorrido o período indicado, expira o período de mandato dos catro membros designados polo Parlamento de Galicia. E, segundo establece o punto 2 do artigo 9, no caso de renuncia, a persoa substituta será designada polo tempo que falte para a conclusión do correspondente mandato.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo único

Que cesen como membros vogais designados pola Comisión 4ª, Educación e Cultura, do Parlamento de Galicia, por expiración do seu mandato, as seguintes persoas:

– Begoña Barreiro Fernández.

– Senén Barro Ameneiro.

– José Carlos de Miguel Domínguez.

– Alba Nogueira López.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades