Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2022 Páx. 57593

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 14 de outubro de 2022 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado de aparcadoiros disuasorios para o fomento do vehículo compartido asociados á implantación de zonas de baixas emisións nas cidades galegas AG-46 e PO-551 en Domaio, de clave PO/22/116.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Antecedentes:

Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas, do 13 de outubro de 2022, aprobouse provisionalmente o proxecto de trazado de aparcadoiros disuasorios para o fomento do vehículo compartido asociados á implantación de zonas de baixas emisións nas cidades galegas. AG-46 e PO-551 en Domaio, de clave PO/22/116.06, no concello de Moaña.

A descrición da actuación pódese consultar na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion publica/estudos-proxectos, na respectiva ficha descritiva do proxecto.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de trazado sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. Do mesmo xeito, sométese o presente documento á información pública para os efectos do establecido no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, en relación coa protección do dominio público hidráulico e coas actuacións neste ou na súa zona de policía.

Cuarto. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, 43, 1º, 36071 Pontevedra) e na Casa do Concello de Moaña (rúa As Barxas, 2, 36950 Moaña, Pontevedra).

Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade: https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/estudos-proxectos, atópase á disposición dos interesados o proxecto de trazado de aparcadoiros disuasorios para o fomento do vehículo compartido asociados á implantación de zonas de baixas emisións nas cidades galegas AG-46 e PO-551 en Domaio, de clave PO/22/116.06.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2022

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Aparcadoiros disuasorios para o fomento do vehículo compartido asociados á implantación de zonas de baixas emisións nas cidades galegas. AG-46 e PO-551 en Domaio. Clave: PO/22/116.06

Concello de Moaña

Referencia catastral

Pol.

Parc.

Concello

Sup. cat. (m2)

Propietario/s

DNI/CIF

Exprop.

(m2)

Tipo

solo

Clasificación

urbanística

Aproveitam.

Situación básica do solo

Outros bens

1

36029A070000170000IP

70

17

Moaña

1.919,00 m2

Comunidade de montes

en man común de Domaio

V36060044

849,00 m2

Rústico

Rústico de especial

protección patrimonial, de costas e infraestruturas

EU-Eucalipto

Rural

Plantación de

eucalipto 849,00 m2