Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2022 Páx. 57340

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2022 pola que se modifica a Resolución do 9 de marzo de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR604A).

O 23 de marzo de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 9 de marzo de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR604A).

No artigo 8 da convocatoria establécese que a execución dos investimentos subvencionables se levará a cabo entre o día seguinte á data de presentación da solicitude e o 31 de outubro de 2022, e que a documentación xustificativa do cumprimento da finalidade da subvención deberá presentarse ata o 31 de outubro de 2022.

A realización das actuacións precisas para a execución dos investimentos subvencionables require de subministracións de materiais e equipamentos específicos que se están a ver afectados pola actual situación política e económica mundial e, lonxe de se resolveren os atrancos de dispoñibilidade de materiais e transporte derivados da COVID-19, estanse a agudizar, afectando de xeito importante o equipamento e os materiais precisos para os servizos de telecomunicacións. Por este motivo, considérase preciso ampliar os prazos de execución previstos inicialmente.

Con base no anterior, e en uso das competencias atribuídas no Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia,

RESOLVO:

Artigo único. Modificación da Resolución do 9 de marzo de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR604A)

A Resolución do 9 de marzo de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR604A), queda modificada como segue:

Un. O artigo 5 da convocatoria queda redactado como segue:

«Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados na data límite de xustificación, que é o 30 de novembro de 2022».

Dous. O artigo 8 da convocatoria queda redactado como segue:

«1. A execución dos investimentos subvencionables levarase a cabo entre o día seguinte á data de presentación da solicitude e o 30 de novembro de 2022.

2. A documentación xustificativa do cumprimento da finalidade da subvención deberá presentarse ata o 30 de novembro de 2022.

3. En todo caso, a execución de investimentos por unha persoa solicitante con carácter previo á resolución de concesión da subvención non xerará dereitos no caso de que a persoa solicitante non resulte beneficiaria, nin garante a súa aprobación no caso de ser beneficiaria».

Disposición derradeira primeira. Réxime de recursos

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2022

Julián Cerviño Iglesia
Director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia