Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2022 Páx. 57409

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 17 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións de varios expedientes sancionadores, por infraccións en materia sanitaria.

Non se puideron levar a cabo as notificacións das resolucións dos expedientes sancionadores relacionados no anexo.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderase consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.

A resolución non esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o pagamento voluntario da sanción poderá efectualo en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Os prazos serán os seguintes:

– Sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes: desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.

– Sancións notificadas entre os días 16 e derradeiro de cada mes: desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.

A Coruña, 17 de outubro de 2022

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIE persoa interesada

20220050TACO

45958301T

20220052TACO

32713380C

20220057TACO

53165788T

20220062TACO

46916515B

20220079TACO

46904240H

20220116TACO

53307102W

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria de medidas fronte ao tabaquismo.