Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 28 de outubro de 2022 Páx. 56963

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 4 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello do Saviñao (expediente IN407A 2022/91-2).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: regulamentación LAMT CHA811 Saviñao 11 entre apoios BJ6TV0KE//D110-29-17-CT e BJ3QDKAW//D110-29-21 O Saviñao (Lugo).

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, nº 38, 28028 Madrid.

Características técnicas principais:

• CHA811 Saviñao 11, a 20 kV, reforma da LAMT no tramo comprendido entre os apoios núms. BJ6NVG6D//D110-29-18 e BJ4PB2JJ//D110-29-20 coa substitución dos tres apoios de madeira existentes por dous apoios de celosía metálica tipo C-2000-12.

• Substitución do condutor LA-30 existente por LA-56 entre os apoios núms. BJ6TV0KE//D110-29-17-CT e BJ3QDKAW//D110-29-21, cunha lonxitude de 155 m.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, nº 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de trinta días hábiles contado desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde, e na seguinte ligazón web da Consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/distribucion-transporte/lat-savinao11

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación ou ben, intentada a notificación, non se puidera realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 4 de outubro de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Proxecto: regulamentación LAMT CHA811 Saviñao 11 entre apoios BJ6TV0KE// D110-29-17-CT e BJ3QDKAW//D110-29-21 (O Saviñao).

Concello: O Saviñao.

Expediente: IN407A 2022/91-2.

Nº de predio

Propietario

Parcela

Afección

Nome e apelidos

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Apoio

Voo

Políg.

Parc.

Superficie (m2)

Lonxitude (ml)

Superficie (m2)

3

Estrella Vázquez Rodríguez

90

82

Bexe

Labradío

 

11,19

170,93

4

Hrdros. Luis Rodríguez Varela

90

91

O Outeiro

Labradío

 

25,89

399,29

6

José Rodríguez Varela

90

89

O Outeiro

Labradío

110-29-18

1,21

33,15

506,18