Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 28 de outubro de 2022 Páx. 57056

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle de parcela privada na UE-11 (2020/PLANEAM/000019-FG 664).

O Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 16 de setembro de 2022, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

– Aprobar definitivamente o texto refundido do estudo de detalle para a ordenación de volumes edificables e reaxuste de rasantes á realidade existente na parcela privada da UE-11, Oleiros (documento RE 2022013569, do 21.7.2022).

Contra este acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

O texto do documento aprobado definitivamente pode ser consultado no enderezo electrónico do Concello www.oleiros.org

Oleiros, 26 de setembro de 2022

Ángel García Seoane
Alcalde presidente