Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 28 de outubro de 2022 Páx. 57040

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de outubro de 2022, polo que se aproba o trámite de información pública e o informe das administracións afectadas e definitivamente o proxecto de construción de senda na AC-131 entre O Peteiro e O Baño (Mugardos).

Antecedentes:

Con data do 30 de maio de 2022, publícase no Diario Oficial de Galicia núm. 102 o Anuncio do 13 de maio de 2022 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción de senda na AC-131 entre O Peteiro e O Baño (Mugardos), de clave AC/21/088.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo referido proxecto.

En virtude do disposto no artigo 55.6 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia,

RESOLVO:

Publicar o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado na súa reunión do día 13 de outubro de 2022, polo que se aproba o trámite de información pública e informe das administracións afectadas e definitivamente o proxecto de construción de senda na AC-131 entre O Peteiro e O Baño (Mugardos), que se recolle como anexo a esta resolución.

Contra o dito acordo do Consello da Xunta de Galicia, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2022

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de outubro de 2022,
polo que se aproba o trámite de información pública e informe
das administracións afectadas e definitivamente o proxecto de construción
de senda na AC-131 entre O Peteiro e O Baño (Mugardos)

1º. Aprobar o expediente correspondente aos trámites de información pública e informe das administracións afectadas do proxecto de construción de senda na AC-131 entre O Peteiro e O Baño (Mugardos), de clave AC/21/088.06, coas seguintes modificacións relativas ao trazado sometido a información pública:

Mellorarase a conexión da senda cos itinerarios peonís existentes ao inicio e ao final do trazado:

– No inicio do treito, mediante a ampliación de beirarrúa existente ocupando parte de beiravía da calzada.

– No final do treito, mediante a ampliación da senda para que a chegada ao paso de peóns proposto poida ser accesible, o que suporá unha ocupación adicional de terreos.

2º. Aprobar definitivamente o proxecto de construción de senda na AC-131 entre O Peteiro e O Baño (Mugardos), de clave AC/21/088.06.

Consonte establece o artigo 23.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Mugardos, no cal se asentan as infraestruturas obxecto do proxecto, deberá adaptar o seu planeamento urbanístico ao contido no proxecto, en que se establecen as determinacións do planeamento urbanístico que deben ser modificadas como consecuencia da súa aprobación, no prazo dun ano e, en todo caso, na súa primeira modificación ou revisión.

A aprobación definitiva do proxecto de construción implica a declaración de utilidade pública, a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos necesarios para a execución das obras, dos depósitos dos materiais sobrantes, dos préstamos necesarios para executalas e para reposición de servizos afectados, previstos no proxecto, así como para a implantación do proxecto e as modificacións deste que, se é o caso, puidesen aprobarse posteriormente, e a urxencia da ocupación, todo iso para os efectos de expropiación, ocupación temporal ou imposición ou modificación de servidumes, segundo o disposto no artigo 22.5 da Lei 8/2013, do 28 de xuño.