Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2022 Páx. 56665

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 11 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección de dúas parcelas pola instalación eléctrica de reforma da LMTA FRI808, LMTS FRI808 e CS na Ameixeira, prevista no concello de Crecente (expediente IN407A 2022/368-4).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultaren descoñecidas as persoas interesadas, notifícaselles a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación da reforma da LMTA FRI808, LMTS FRI808 e CS na Ameixeira (expediente IN407 2022/368-4) e as afeccións das parcelas indicadas no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Provincial de Pontevedra da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 11 de outubro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2022/368-4.

Denominación: reforma da LMTA FRI808, LMTS FRI808 e CS na Ameixeira.

Concello: Crecente.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

CS

Afeccións

m2

Sup. m2

Lonx.

Sup. m2

1

Boco

Rústico

36014A042015550000YU

Descoñecido/a

14

3,31

8,27

2

Fonte de Abaixo

Rústico

36014A042014700000YG

Descoñecido/a

2

1,44

2,93

7,56