Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2022 Páx. 56666

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 11 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección dunha parcela pola instalación eléctrica LMTS MOS707 e CT en Louriño, no concello de Mos (expediente IN407 2022/367-4).

De conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), notifícaselle a Alejandro Estévez Lugo a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica LMTS MOS707 e CT en Louriño (expediente IN407 2022/367-4) e as afeccións da parcela indicada no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Provincial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 11 de outubro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2022/367-4.

Denominación: LMTS MOS707 e CT en Louriño.

Concello: Mos.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT

Afeccións

m2

Lonx.

Sup. m2

1

Namelas

Urbano

36033A031060090001DT

Alejandro Estévez Lugo

CT

16,81

1

4,10