Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2022 Páx. 56497

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 11 de outubro de 2022 ditada no procedemento de concesión de subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 12 de maio de 2022, pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS320A).

No Diario Oficial de Galicia número 101, do 27 de maio de 2022, publicouse a Orde do 12 de maio de 2022 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS320A).

De conformidade coa disposición adicional segunda, apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da consellería competente en materia política social e xuventude na persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das axudas previstas nesta orde, así como para autorizar e dispor o gasto, o recoñecemento das obrigas e a proposta de pagamento, en relación co disposto no artigo 73.a) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Así mesmo, o artigo 15 da orde indica que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá efectos de notificación.

A contía global da convocatoria recollida no artigo 5 da orde é de 255.000,00 €.

No artigo 6.6 da orde establécese que, unha vez distribuído e esgotado o crédito, aquelas solicitudes que non obtivesen axuda, aínda que teñan cincuenta ou máis puntos, entrarán nunha lista de reserva por se algunha das concedidas renuncia.

Con data do 25 de agosto de 2022 ditouse a resolución de concesión de subvencións respecto das axudas convocadas ao abeiro da Orde do 12 de maio de 2022. Mediante a Resolución do 31 de agosto de 2022, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, publicouse a dita resolución no Diario Oficial de Galicia número 172, o 9 de setembro de 2022.

Debido ás renuncias á subvención concedida de dúas entidades de acción voluntaria e a súa aceptación, liberouse crédito comprometido na aplicación orzamentaria 13.06.312F.481.0 na cantidade de cinco mil catrocentos euros (5.400,00 €).

Como consecuencia do exposto e ao abeiro do establecido no referido artigo 6, ditouse unha nova resolución o 11 de outubro de 2022 pola que se concede a subvención á primeira entidade de acción voluntaria relacionada na lista de reserva do anexo III da Resolución do 25 de agosto de 2022.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 11 de outubro de 2022, de concesión de subvencións á entidade de acción voluntaria relacionada no anexo III da Resolución do 25 de agosto de 2022, de conformidade co disposto na Orde do 12 de maio de 2022 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS320A).

Segundo. Comunicar que a dita Resolución do 11 de outubro de 2022 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, a entidade beneficiaria disporá dun prazo de 10 días computado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia para a súa aceptación; transcorrido este sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2022

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución do 11 de outubro de 2022, ditada no procedemento BS320A, de concesión de subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 12 de maio de 2022 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022.

Con data do 25 de agosto de 2022 ditouse a primeira resolución de concesión de subvencións respecto das axudas convocadas ao abeiro da Orde do 12 de maio de 2022. A resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia o 9 de setembro de 2022 (DOG núm. 172).

O artigo 6.6 da orde de convocatoria establece que: «Unha vez distribuído e esgotado o crédito, aquelas solicitudes que non obtivesen axuda, aínda que teñan cincuenta ou máis puntos, entrarán nunha lista de reserva, por se algunha das concedidas renuncia».

O artigo 12.2 regula a Comisión de Valoración que valorará e seleccionará as solicitudes consonte os criterios establecidos no artigo 13 e emitirá un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta para cada entidade, conforme o establecido no artigo 14.1. O 12 de agosto de 2022, a Comisión de Avaliación estudou e avaliou os proxectos presentados.

A contía global da convocatoria recollida no artigo 5 das bases da convocatoria é de 255.000,00 €, dos cales un total de cento vinte mil euros (120.000,00 €) corresponden a entidades locais, con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.312F.460.0, e cento trinta e cinco mil euros (135.000,00 €) corresponden a entidades de acción voluntaria con cargo á aplicación 13.06.312F.481.0.

Debido ás renuncias á subvención de entidades de acción voluntaria, liberouse crédito comprometido na aplicación orzamentaria 13.06.312F.481.0 na cantidade de cinco mil catrocentos euros (5.400,00 €).

Polo anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar as seguintes renuncias da lista de entidades beneficiarias:

Orde prelación

Expediente

Solicitante

NIF

Puntos

Orzamento

15

2022/021

Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Laracha

G15688922

53

4.800,00 €

18

2022/067

Asociación Raiolas-Lugo

G27255991

60

600,00 €

Total

5.400,00 €

Segundo. Conceder ás seguintes entidades da lista de reserva a subvención convocada pola Orde do 12 de maio de 2022 con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.312F.481.0 (entidades de acción voluntaria):

Orde

prelación

Expediente

Solicitante

NIF

Puntos

Orzamento

1

2022/033

Fundación Ingada

G70394374

51,5

4.800,00 €

Total

4.800,00 €

Terceiro. De conformidade co artigo 15 das bases reguladoras, as entidades beneficiarias disporán dun prazo de dez días desde a publicación da resolución de concesión para realizar os trámites establecidos no dito artigo.

Cuarto. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2022. A conselleira de Política Social e Xuventude; P.D. (Artigo 14 e disposición adicional segunda da Orde do 12.5.2022); Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.