Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2022 Páx. 56495

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se fai público o esgotamento do crédito da Resolución do 12 de agosto de 2022 pola que se realiza a segunda convocatoria do ano 2022 das subvencións destinadas ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero no ámbito de colaboración coas entidades locais galegas, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

A Resolución do 12 de agosto de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se realiza a segunda convocatoria do ano 2022 das subvencións destinadas ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero no ámbito de colaboración coas entidades locais galegas, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (código de procedemento SI461A), establece que se concederán subvencións ata o esgotamento do crédito orzamentario, segundo o disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para as subvencións obxecto desta convocatoria destinouse un crédito por importe total de 980.119,28 euros.

A dita partida orzamentaria finánciase con fondos finalistas do Estado, que os orzamentos xerais do Estado destinan ao desenvolvemento ou ampliación das medidas recollidas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Tal como se establece no artigo 1.3 da Resolución do 12 de agosto de 2022, o procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ata o esgotamento do crédito orzamentario, coas garantías previstas no artigo 31.4 da dita lei.

Esta convocatoria réxese polas bases reguladoras establecidas na Resolución do 23 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, publicadas no Diario Oficial de Galicia do 19 de xaneiro de 2022.

A disposición adicional única da Resolución do 23 de decembro de 2021 sinala que, unha vez esgotado o crédito, o órgano xestor deberá publicar o esgotamento da partida orzamentaria e a inadmisión de posteriores solicitudes.

En virtude do exposto anteriormente, e no uso das facultades que teño atribuídas,

RESOLVO:

Artigo único

Dar a coñecer que o crédito orzamentario asignado ao financiamento das axudas contidas na Resolución do 12 de agosto de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se realiza a segunda convocatoria do ano 2022 das subvencións destinadas ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero no ámbito de colaboración coas entidades locais galegas, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, quedou esgotado o 31 de agosto de 2022 coa solicitude presentada ás 14.19 horas.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2022

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade