Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2022 Páx. 56547

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 10 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de tentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícanselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as comunicacións de inicio ou as resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador, outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente e presentaren a documentación que xulguen oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador, a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderase interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, reclamación administrativa previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda, perante o xulgado do social competente, no prazo de dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, as persoas interesadas poderán comparecer debidamente acreditadas na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 10 de outubro de 2022

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a (DNI/NIE)

Nº de expediente

Acto que se notifica

Concello

32948027K

32948027K/05-08-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

33332744V

33332744V/18-07-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Pol

34308691M

34308691M/31-03-2022/2.1.A

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

34325564L

34325564L/21-07-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

X9235692L

X9235692L/31-08-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Riotorto

33348215D

33348215D/01-06-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Meira

33348739G

33348739G/08-10-2021/2.1.D

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

33554564W

33554564W/12-04-2022/2.1.D

Resolución de procedemento sancionador

Vilalba

34322852K

34322852K/17-12-2021/2.1.D

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

X6293151Y

X6293151Y/19-04-2022/2.1.D

Resolución de procedemento sancionador

Sarria

X9978974X

X9978974X/29-04-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Portomarín