Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2022 Páx. 56549

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo 4213/2022, interposto pola Federación de Farmacias de Galicia contra o Decreto 87/2022, do 19 de maio, polo que se regulan as condicións e os requisitos para a preparación e entrega de sistemas personalizados de dosificación nas oficinas de farmacia da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade recibiu da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un oficio polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo 4213/2022 interposto por Patricia Díaz Muíño, que actúan en nome e representación da Federación de Farmacias de Galicia, contra o Decreto 87/2022, do 19 de maio, polo que se regulan as condicións e os requisitos para a preparación e entrega de sistemas personalizados de dosificación nas oficinas de farmacia da Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia, esta Secretaría Xeral Técnica acorda nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2022

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade