Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2022 Páx. 56256

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de setembro de 2022, polo que se aproba o trámite de información pública, o informe das administracións afectadas e o proxecto de construción de beirarrúa na PO-315, treito Beluso-A Chadiza.

Antecedentes:

O 9 de marzo de 2002 publícase no Diario Oficial de Galicia número 47 o Anuncio do 25 de febreiro de 2022 polo que se somete ao trámite de información pública a separata do proxecto de construción de beirarrúa na PO-315, treito Beluso-A Chadiza, de clave PO/21/018.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto.

En virtude do disposto no artigo 55.6 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia,

RESOLVO:

Publicar o Acordo do Consello da Xunta de Galicia adoptado na súa reunión do día 29 de setembro de 2022 polo que se aproba o trámite de información pública, o informe das administracións afectadas e o proxecto de construción de beirarrúa na PO-315, treito Beluso-A Chadiza, que se recolle como anexo a esta resolución.

Contra o dito acordo do Consello da Xunta de Galicia, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2022

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de setembro de 2022,
polo que se aproba o trámite de información pública, o informe
das administracións afectadas e o proxecto de construción de beirarrúa
na PO-315, treito Beluso-A Chadiza

Aprobar, ao abeiro dos artigos 54.2 e 55.4 do Regulamento xeral de estradas de Galicia, aprobado polo Decreto 66/2016, do 26 de maio, o trámite de información pública, o informe das administracións afectadas e o proxecto de construción de beirarrúa na PO-315, treito Beluso-A Chadiza, de clave PO/21/018.06, coas seguintes modificacións relativas ao trazado sometido a información pública:

Executarase un muro de contención do noiro entre os puntos quilométricos (pp.qq.) aproximados 2+490 e 2+535 da marxe dereita, limitando a ocupación e repoñendo a rampla de acceso á parcela 108 e o camiño de acceso ata as leiras 109, 110 e 111 xunto ao pé do novo muro.

Consonte establece o artigo 23.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Bueu, en que se asentan as infraestruturas obxecto do proxecto, deberá adaptar o seu planeamento urbanístico ao contido no proxecto, no cal se establecen as determinacións do planeamento urbanístico que deben ser modificadas como consecuencia da súa aprobación, no prazo dun ano e, en todo caso, na súa primeira modificación o revisión.

A aprobación definitiva do proxecto de construción implica a declaración de utilidade pública, a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos necesarios para a execución das obras, dos depósitos dos materiais sobrantes, dos préstamos necesarios para executalas e para a reposición de servizos afectados, previstos no proxecto, así como para a implantación do proxecto e as modificacións deste que, de ser o caso, puideren aprobarse posteriormente, e a urxencia da ocupación, todo iso para os efectos de expropiación, ocupación temporal ou imposición ou modificación de servidumes, segundo o disposto no artigo 22.5 da Lei 8/2013, do 28 de xuño.