Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2022 Páx. 56269

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 5 de outubro de 2022, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 36-BONOV-006/2019 e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar as notificacións persoais nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, andar 4º, Pontevedra.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 5 de outubro de 2022

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

1. Expediente: 36-BONOV-006/2019.

DNI: X2446411Q.

Acto obxecto de notificación: resolución de perda do dereito.

2. Expediente: 36-BONOV-023/2019.

DNI: Y1736399M.

Acto obxecto de notificación: resolución de perda do dereito.

3. Expediente: 36-BONOV-070/2019.

DNI: 54659770V.

Acto obxecto de notificación: resolución de perda do dereito.