Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2022 Páx. 56098

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2022 pola que se modifica a Resolución do 7 de xullo de 2022 pola que se publican as subvencións concedidas en virtude da Orde do 29 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais.

O 11 de abril de 2022 publicouse no DOG a Orde do 29 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais.

Segundo o artigo 3.1 desta orde, o financiamento da liña I, Proxectos de investimento en melloras nos centros sanitarios cuxa actividade principal sexa o desenvolvemento de programas asistenciais e psicosociais ou preventivos en materia de trastornos mentais (incluídos os trastornos adictivos), contaba cun crédito de 165.318,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 5001.413A.781.30 e código de proxecto 201800005 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

Coa Resolución do 7 de xullo de 2022 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 29 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais (DOG núm. 137, do 19 de xullo), repartíronse axudas na liña I por valor do total do crédito da liña e quedaron programas sen axuda a pesar de superaren o limiar mínimo de puntuación por non se dispor de crédito suficiente para poder abranguer todas as solicitudes.

No artigo 3.2 da Orde do 29 de marzo de 2022 indícase que, excepcionalmente, se poderá ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, cando existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo. A ampliación do crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria sen que implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

No mesmo artigo 3.2 indícase que no caso de que se producise este incremento de crédito:

a) Faríase unha repartición entre as entidades que, superando o limiar mínimo de puntuación, non recibiron subvención ou non acadaron o 100 % do solicitado na asignación ordinaria.

b) Esta nova repartición faríase seguindo o mecanismo de asignación establecido no artigo 13.2.

Como consecuencia deste incremento, segundo indica o artigo 3.2, procede facer a correspondente repartición de crédito.

Tras a publicación da Orde do 26 de setembro de 2022 pola que se fai público o incremento do crédito previsto na Orde do 29 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais (código de procedemento SA500A) (DOG núm. 189, do 4 de outubro), incrementouse o crédito da liña I en cento vinte e un mil cento noventa e tres euros con seis céntimos (121.193,06 €), consignados na aplicación orzamentaria 50.01.413A.781.30, código de proxecto 2018 00005, co que o crédito desta liña pasa a ser de douscentos oitenta e seis mil cincocentos euros con seis céntimos (286.511,06 €).

Deste xeito, procede realizar a nova repartición recollida na Orde do 29 de marzo de 2022.

Vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder ás entidades que se relacionan no anexo I, ao abeiro da indicada orde, as axudas reflectidas na dita relación, como consecuencia da aplicación dos criterios de baremación previstos no artigo 14 da orde.

Segundo. Denegar a subvención ás solicitudes que se relacionan no anexo II, por aplicación do artigo 13.2.a).

Terceiro. Denegar a subvención ás solicitudes que se relacionan no anexo IV, por non acadaren a puntuación mínima exixible.

Cuarto. De conformidade co artigo 24 das bases reguladoras, farase un único pagamento anticipado, por importe equivalente ao 100 % da contía outorgada.

Quinto. A data límite de presentación da documentación xustificativa da realización do programa subvencionado, segundo o artigo 25 das bases reguladoras, é o 28 de febreiro de 2023.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2022

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

Axudas concedidas

Liña I. Proxectos de investimento en melloras nos centros sanitarios cuxa actividade principal sexa o desenvolvemento de programas asistenciais e psicosociais ou preventivos en materia de trastornos mentais (incluídos os trastornos adictivos).

Núm.

expediente

NIF

Entidade

solicitante

Programa

Puntos

Importe

solicitado

Importe

subvencionable

Importe

asignado

SA500A-I-12

G70264999

Andaina pro Saúde Mental

Mellora do CRPL Dodro 22

65,50

6.402,72 €

6.402,72 €

6.402,72 €

SA500A-I-5

G27262799

Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña

Acondicionamento edificación residencia persoas con enfermidade mental

65,25

80.541,05 €

80.541,05 €

80.541,05 €

SA500A-I-7

G15462633

Agalure

Ti podes

63,50

29.419,20 €

29.419,20 €

29.419,20 €

SA500A-I-6

G15036064

Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais. Aspaneps

Proxecto de investimento

61,50

8.120,95 €

8.120,95 €

8.120,95 €

SA500A-I-10

G36302776

Fundación Lar Pro Saúde Mental

Proxecto de investimento para adquisición dun vehículo

61,50

32.300,00 €

32.300,00 €

32.300,00 €

SA500A-I-2

G36044295

Doa Saúde Mental

Adquisición material informático

60,00

5.656,14 €

5.656,14 €

5.656,14 €

SA500A-I-15

G15476310

Asociación Pro Salud Mental A Creba

Adquisición de equipamento que facilite a prestación de servizos

59,50

3.800,00 €

3.800,00 €

3.800,00 €

SA500A-I-19

G27746486

Xaruma

Autonomamente: adestramento de habilidades básicas para a vida autónoma

58,25

22.131,22 €

22.131,22 €

22.131,22 €

SA500A-I-16

G36642726

Asociación Érguete Vigo

Protección Asociación Érguete

58

4.934,37 €

4.934,37 €

4.934,37 €

SA500A-I-8

G36298867

Avelaiña Saúde Mental

Climatiza

57

24.000,00 €

24.000,00 €

24.000,00 €

SA500A-I-14

G15476310

Asociación pro Salud Mental A Creba

Proxecto de investimento para obras de conservación e mantemento do centro

56,5

10.940,25 €

10.940,25 €

10.940,25 €

SA500A-I-13

G36627453

Asociación Viguesa de Alcohología. Asvidal

Proxecto de obras de mantemento

55,25

3.379,53 €

3.379,53 €

3.379,53 €

SA500A-I-18

G36119253

Asociación Lar pro Salud Mental de Familiares, Amigos y Enfermos Mentales

Proxecto de investimento para adquisición de equipamento deportivo

54

14.660,35 €

14.660,35 €

14.660,35 €

SA500A-I-3

G36730059

Agaja

Investimento melloras centro sociosanitario

53

17.522,62 €

17.522,62 €

17.522,62 €

SA500A-I-9

G36302776

Fundación Lar Pro Saúde Mental

Proxecto de investimento para a realización de obras: aula formativa

52,5

38.948,15 €

38.948,15 €

22.702,66 €

ANEXO II

Solicitudes aprobadas sen dereito a subvención

Liña I. Proxectos de investimento en melloras nos centros sanitarios cuxa actividade principal sexa o desenvolvemento de programas asistenciais e psicosociais ou preventivos en materia de trastornos mentais (incluídos os trastornos adictivos).

No caso da liña I, a orde indica, no seu artigo 13.2.2.a), que o importe que se adxudicará: «Irase asignando seguindo a orde de prelación o importe subvencionable a cada un dos proxectos que superaron o limiar mínimo ata o esgotamento do crédito».

Deste xeito, algúns programas, a pesar de superaren o limiar mínimo de puntuación, non acadan subvención por terse esgotado o crédito antes de chegar ao seu posto na prelación:

Núm.

expediente

NIF

Entidade
solicitante

Programa

Puntuación
entidade

Puntuación

programa

Puntuación total

(mínimo 45)

SA500A-I-17

G36119253

Asociación Lar pro Salud Mental de Familiares, Amigos y Enfermos Mentales

Proxecto de investimento para realización de obras: cancha

23

28

51

SA500A-I-4

G36861078

Fundación

Érguete

Mellora dos centros de atención-programa Sísifo

33

15

48

ANEXO III

Solicitudes denegadas

Segundo indica o artigo 13.2 «A orde de prelación para a concesión das subvencións determinarase en función da puntuación obtida por valoración dos criterios establecidos no artigo 14. Non se poderá conceder subvención ás solicitudes que non obteñan unha puntuación mínima global de 45 puntos».

Núm.

expediente

NIF

Entidade

Programa

Liña

Puntuación total

(mínimo 45)

SA500A-I-11

R3200098F

Cáritas Diocesana de Ourense

Proxecto de investimento Casc. Vieiro

I

39,00