Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 21 de outubro de 2022 Páx. 56025

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 3 de outubro de 2022 polo que se notifica o acordo de cambio de instrutor do expediente sancionador por incumprimento das medidas de prevención e contención en materia sanitaria do Concello de Paderne de Allariz (expediente SCOVID/PADERNE DE ALLARIZ/0008).

O concello de Paderne de Allariz acordou substituír a persoa instrutora do expediente sancionador número SCOVID/PADERNE DE ALLARIZ/0008.

Intentada a notificación do acordo de cambio de instrutor por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación do acordo de cambio de instrutor en procedemento sancionador en materia sanitaria á persoa interesada que figura no anexo efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia.

Dado que neste acto non se publica na súa integridade a notificación referida, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o texto íntegro do acto que se notifica atópase á disposición da persoa interesada, xunto co resto do expediente, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte a esta publicación no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas municipais do Concello de Paderne de Alllariz, situadas na rúa Río Seco, núm. 7 , Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Advírteselle á persoa interesada que, de non comparecer no referido prazo, a notificación entenderase producida, para todos os efectos, o día seguinte ao vencemento do prazo.

O presente anuncio realízase ao abeiro do establecido no Convenio asinado o 27 de novembro de 2020 entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra o COVID-19.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2022

Elena Prado Veiga
Funcionaria da unidade tramitadora

ANEXO

Número de expediente

DNI/CIF da persoa interesada

Acto notificado

SCOVID/PADERNE DE ALLARIZ/0008

44498387B

Acordo de cambio de instrutor