A xefa territorial de Ourense ditou a resolución de arquivamento do procedemento sancionador 2021506AE-OU e cuatro máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia da parte dispositiva da Sentenza nº 183/2021 do Tribunal Constitucional, pola que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, en que se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.
Tras intentar a notificación destas resolucións segundo o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que mediante este anuncio notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 de dita lei, para o coñecemento das persoas interesadas.
Contra estas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Este anuncio expídese para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumplimiento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
Ourense, 4 de outubro de 2022
Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Número de expediente |
DNI/NIE da persoa interesada |
Último enderezo coñecido |
2021506AE-OU |
34978626L |
Rúa Ribeira de Canedo, núm. 15, bloque 12-2º A, 32001 Ourense |
2021515AE-OU |
35560786A |
Cima da Cuña, núm. 22, 32005 Ourense |
2021520AE-OU |
Y5549299B |
Vilaboa, núm. 16, 32830 A Merca (Ourense) |
2021526AE-OU |
44469945C |
Rúa Mercado, núm. 23-3º A, 32001 Ourense |
2021531AE-OU |
X8647052H |
Barrio Barrocás, núm. 16-5º D, 32005 Ourense |