Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 21 de outubro de 2022 Páx. 56053

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 4 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución de arquivamento de varios procedementos sancionadores por infracción en materia sanitaria (expediente 2021765AE-OU e cinco máis).

A xefa territorial de Ourense ditou a resolución de arquivamento do procedemento sancionador 2021765AE-OU e cinco máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia da parte dispositiva da Sentenza nº 183/2021 do Tribunal Constitucional, pola que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, en que se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.

Tras intentar a notificación destas resolucións segundo o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que mediante este anuncio notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 de dita lei, para o coñecemento das persoas interesadas.

Contra estas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio expídese para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumplimiento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada a súa publicación no TEU do BOE.

Ourense, 4 de outubro de 2022

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de

expediente

DNI/NIE da persoa interesada

Último enderezo coñecido

2021765AE-OU

46917696L

Estrada de Santa Mariña, núm. 5-4º dereita, 32005 Ourense

2021805AE-OU

34968883M

Rúa Río Bubal, núm. 17-4º esquerda, 32001 Ourense

2021828AE-OU

34578796K

Rúa José Antonio Moretón, núm. 2-2º C, 32001 Ourense

2021850AE-OU

Y6686649B

Rúa Ervedelo, núm. 24-2º D, 32002 Ourense

2021851AE-OU

49709776Z

Avda. de Celanova, núm. 120-2º A, A Valenzá-Barbadás, 32002 Ourense

20211018AE-OU

Y1083096V

Avda. de Zamora, núm. 27-3º esquerda, 32005 Ourense