Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 20 de outubro de 2022 Páx. 55738

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2022, do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, pola que se determinan as datas, o lugar e os horarios de realización dos correspondentes exercicios.

En sesión do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, convocadas mediante a Resolución do 23 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Mobilidade (Diario Oficial de Galicia nº 130, do 8 de xullo), acordouse, de conformidade co disposto na base oitava da mencionada resolución:

Primeiro. As correspondentes probas terán lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa de Madrid 2-4, As Fontiñas, Santiago de Compostela.

Os exercicios realizaranse os vindeiros días 2 e 3 de novembro de 2022, nos horarios e aulas que a seguir se sinalan:

Probas día 2 (mañá)

Clase

Renovación

Aula

Horario

Todas estrada

Renovación

Salón de actos

9.00-10.00

Clase 1

Renovación

Salón de actos

10.15-11.15

Clase 2

Renovación

Salón de actos

11.30-12.30

Clase 3 e máis

Renovación

Salón de actos

12.45-13.45

Materias líquidas

Renovación

Salón de actos

14.00-15.00

Ferrocarril

Renovación

Salón de actos

10.15-11.15

Probas día 3 (mañá)

Clase

Obtención

Aula

Horario

Todas estrada

Obtención

Salón de actos

9.30-11.30

Clase 2

Obtención

Salón de actos

9.30-11.30

Clase 3

Obtención

Salón de actos

9.30-11.30

Materias líquidas

Obtención

Salón de actos

9.30-11.30

Segundo. Para os efectos da realización dos correspondentes chamamentos, os aspirantes deberán presentarse ás probas 15 minutos antes do comezo de cada exercicio.

Terceiro. Os interesados serán convocados para cada exercicio en chamamento único e resultará excluído da súa realización quen non compareza.

Cuarto. Os aspirantes excluídos por non compareceren no momento do chamamento non terán dereito a que se lles devolvan os importes aboados en concepto de dereitos de exame.

Quinto. Os aspirantes terán que se presentar ás probas provistos do orixinal do seu documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. En caso contrario, non se permitirá o acceso ao recinto onde se realicen os exercicios. Tales aspirantes excluídos non terán dereito a que se lles devolvan os importes aboados en concepto de dereitos de exame.

Sexto. Os interesados deberán levar bolígrafo e, para a realización do suposto práctico, poderán ir provistos do ADR ou RID, só en formato papel, e de máquina calculadora sen memoria RAM.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2022

Marta Vázquez Sanjurjo
Presidenta do tribunal