Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 20 de outubro de 2022 Páx. 55761

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo procedemento de concurso de méritos, dun posto vacante de coordinador/a de persoal técnico superior sanitario en anatomía patolóxica e citoloxía.

Mediante a Resolución do 3 de marzo de 2022 (DOG núm. 50, do 14 de marzo) convocouse para a súa provisión, polo procedemento de concurso de méritos, un posto vacante de coordinador/a de persoal técnico superior sanitario en anatomía patolóxica e citoloxía na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo da actuación da Comisión de Avaliación a que se fai referencia na base sexta, e en vista dos méritos achegados e da defensa do proxecto técnico de xestión por parte das persoas aspirantes que constan nas actas da devandita comisión, esta xerencia, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde; na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde; en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; na Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde; e no Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública, para a provisión dun posto vacante de coordinador/a de persoal técnico superior sanitario en anatomía patolóxica e citoloxía.

Segundo. Adxudicarlle o posto de traballo convocado á persoa aspirante que obtivo a maior puntuación, nos termos previstos no anexo desta resolución.

Terceiro. A profesional nomeada deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde; ou no prazo de sete días, se son de distinta área de saúde; ou dun mes, se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde. Para estes efectos entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisorio, ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo e por petición motivada da persoa interesada, os prazos aos cales se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados pola Xerencia da área sanitaria.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular e será declarado/a nesa situación, polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Os/as profesionais nomeados/das serán avaliados/das antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño do posto, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción do posto de traballo. A remoción virá precedida dun procedemento que garanta a audiencia do interesado. A omisión da avaliación non suporá a consideración co nomeamento como definitivo.

Sexto. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos previstos nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 7 de outubro de 2022

Félix Rubial Bernárdez
Xerente da Área Sanitaria de Ourense,
Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Posto: coordinador/a de persoal técnico superior sanitario en anatomía patolóxica e citoloxía.

Número de prazas: 1.

Nome e apelidos: María Luisa López Vega.

DNI (*): ***0980**.

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de conformidade coa disposición adicional sétima da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.