Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 20 de outubro de 2022 Páx. 55764

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública, para a provisión, polo procedemento de concurso de méritos, de varios postos vacantes de supervisor/a de unidade de Enfermaría.

Mediante a Resolución do 3 de marzo de 2022 (DOG núm. 50, do 14 de marzo) convocáronse se para a súa provisión, polo procedemento de concurso de méritos, varios postos vacantes de supervisor/a de unidade de Enfermaría na estrutura da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo da actuación da Comisión de Avaliación, a que se fai referencia na base sexta, e á vista dos méritos achegados e da defensa do proxecto técnico de xestión polos/as aspirantes, que constan nas actas da devandita Comisión:

Esta xerencia, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, na Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, e no Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública, para a provisión, de varios postos vacantes de supervisor/a de unidade de Enfermaría na estrutura da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, sinalados no anexo desta resolución.

Segundo. Adxudicar, os postos de traballo convocados, aos/as aspirantes que obtiveron a maior puntuación, nos termos previstos no anexo desta resolución.

Terceiro. O/a profesional nomeado/a deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de sete días, se son de distinta área de saúde, ou dun mes se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisorio ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da persoa interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados pola xerencia da área sanitaria.

O prazo de toma de posesión, e a súa prórroga, terán a consideración de servizo activo, e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria, por interese particular, e será declarado/a nesa situación, polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Os/as profesionais nomeados/das serán avaliados/das antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño do posto, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción do posto de traballo. A remoción virá precedida dun procedemento que garanta a audiencia do interesado. A omisión da avaliación non suporá a consideración co nomeamento como definitivo.

Sexto. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos previstos nos artigos 121, e seguintes, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 7 de outubro de 2022

Félix Rubial Bernárdez
Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Posto: supervisor/a unidade de Farmacia.

Número de prazas: 1.

Nome e apelidos: María Jesús Muñoz González.

DNI (*): ***4214**.

Posto: supervisor/a unidade de Gardas.

Número de prazas: 2.

Nome e apelidos: María Elena Fernández Barreira.

DNI (*): ***8354**.

Nome e apelidos: María del Carmen Gil Vázquez.

DNI (*): ***2119**.

Posto: supervisor/a unidade de Hematoterapia.

Número de prazas: 1.

Nome e apelidos: José Luis Bernárdez Rodríguez.

DNI (*): ***4840**.

Posto: supervisor/a unidade de Hospitalización de Medicina Interna.

Número de prazas: 1.

Nome e apelidos: Susana González Padrón.

DNI (*): ***5140**.

Posto: supervisor/a unidade de Hospitalización Pediátrica.

Número de prazas: 1.

Nome e apelidos: Monserrat Padrón Pérez.

DNI (*): ***7789**.

Posto: supervisor/a unidade de Urxencias.

Número de prazas: 1.

Nome e apelidos: María Ester Rico González.

DNI (*): ***0496**.

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de conformidade, coa disposición adicional sétima, da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.