Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2022 Páx. 55285

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica da LMTS CBD804 do CT A Modia, no concello de Cambados, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2022/112-4).

A instalación da LMTS CBD804 do CT A Modia foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra do 11 de agosto de 2022, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados e do que ten a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 11 de novembro de 2022, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Cambados.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, e serán informados de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Vigo, 23 de setembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

LMTS CBD804 do CT A Modia

Número

Referencia catastral

Lugar

Titular

Número de apoio

m2 solo

m.l. sub.

m2 servidume de paso soterrada

1

6380512NH1068S0001XA

Vilariño

María Mercedes Pacheco Paz

CT

16,81

6

22,54