Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2022 Páx. 55335

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 29 de setembro de 2022 polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes de autorización en materia de dominio público hidráulico (expediente DH.B36.80027 e catro máis).

A persoa titular da Dirección de Augas de Galicia ditou a resolución do expediente de autorización DH.B36.80027 e catro máis, que se indican no anexo.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informadas que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 en Santiago de Compostela, con cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

Así mesmo, indícase que se poderá interpoñer recurso de alzada, ante a Presidencia de Augas de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación no BOE, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da LPAC.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2022

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente clave

DNI/NIE do/da interesado/a

Data da resolución

Sentido da resolución

DH.B36.80027

35358031Q

5.5.2022

Favorable

DH.B15.63711

33216778V

12.5.2022

Arquivamento

DH.W36.67907

35478208H

19.5.2022

Arquivamento

DH.B36.66368

35290220D

7.3.2022

Favorable

DH.W36.80786

76860494Z

31.3.2022

Favorable