Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 13 de outubro de 2022 Páx. 54382

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2022 pola que se dá publicidade da Resolución do 29 de setembro de 2022 de encomenda á Fundación Semana Verde de Galicia para o desenvolvemento das probas de acceso a distintos corpos e categorías da Administración.

De conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáselle publicidade da encomenda da Consellería de Facenda e Administración Pública á Fundación Semana Verde de Galicia, que ten as seguintes características:

Actividade: a Fundación Semana Verde de Galicia prestaralle á Consellería de Facenda e Administración Pública o apoio ao desenvolvemento das probas dos seguintes procesos selectivos:

Data e lugar

Proceso selectivo

Aspirantes

DOG

1.10.2022

Mañá

A2. Esc. Tec. Agrícola, acceso libre

465

Resolución do 16.12.21-DOG núm. 241, do 17 de decembro

1.10.2022

Mañá

A2. Esc. Tec. Agrícola, de estabilización

180

Resolución do 16.12.21-DOG núm. 241, do 17 de decembro

1.10.2022

Tarde

A2. Esc. Tec. Forestal, acceso libre

427

Resolución do 16.12.21-DOG núm. 241, do 17 de decembro

01.10.2022

Tarde

A2. Esc. Tec. Forestal, de estabilización

166

Resolución do 16.12.21-DOG núm. 241, do 17 de decembro

Natureza e alcance da xestión do encargo: encargo a medios propios por ter a Fundación Semana Verde de Galicia a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma, en cumprimento do disposto nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Orzamento: 39.854,24 €. O gasto derivado deste encargo imputarase á aplicación orzamentaria 23.04.124A.226.13 (código de proxecto 2015/00187) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2022, na que existe crédito axeitado e suficiente.

Esta operación non está suxeita a IVE segundo o establecido no artigo 7.8 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG do 13.1.2012)
Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio
da Consellería de Facenda e Administración Pública