Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2022 Páx. 54009

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2022 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Academia Galega de Seguridade Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

A Estrada, 30 de setembro de 2022

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Relación de convenios subscritos pola Agasp no 2º cuadrimestre do ano 2022

Convenio

Data da sinatura

Achega total da Agasp

Convenio de colaboración en materia de formación entre a Academia Galega de Seguridade Pública e a Deputación Provincial da Coruña.

5.5.2022

Sen achega económica

Convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local, e ás prazas de auxiliares de policía local ou vixilantes municipais entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e o Concello de Vigo.

30.5.2022

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Academia Galega de Seguridade Pública para a realización de actividades de formación en lingua galega.

7.6.2022

15.848,22 €

Addenda ao convenio para a asunción pola Administración xeral da
Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local e as prazas de auxiliares de policía local ou as prazas de vixilantes municipais entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello da Cañiza.

14.6.2022

Sen achega económica

Addenda ao convenio para a asunción pola Administración xeral da
Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local e as prazas de auxiliares de policía local ou as prazas de vixilantes municipais entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Xinzo de Limia.

19.7.2022

Sen achega económica