En virtude do establecido no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG número 30, do 15 de febreiro),
DISPOÑO:
Dar publicidade á relación dos convenios e protocolos subscritos pola Escola Galega de Administración Pública referida aos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2022 e que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2022
Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública
ANEXO
Convenios e protocolos de colaboración subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2022
Convenio |
Data da sinatura |
Importe |
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e os entes instrumentais do sector público autonómico para o desenvolvemento de actividades de formación |
22.7.2022 |
Sen achega económica por parte da EGAP |
Protocolo de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Promoción Económica para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación |
22.7.2022 |
Sen achega económica |