Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2022 Páx. 54035

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2022, da Xerencia da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante no cadro de persoal funcionario.

Mediante a Resolución do 20 de xullo de 2022 (DOG número 145, do 1 de agosto) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante no cadro de persoal funcionario.

En cumprimento do previsto polo artigo 24 do Regulamento de organización e funcionamento do Consello Social e do artigo 19 do Regulamento de mobilidade do PAS funcionario da USC, a presidenta do Consello Social emitiu o informe motivado en relación co posto que se convocou. No devandito informe especifícanse os criterios elixidos como prioritarios para decidir o nomeamento, así como a concorrencia destes na persoa proposta.

Acreditada a observancia do procedemento establecido pola Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e polo Regulamento de mobilidade do PAS funcionario da USC, así como o cumprimento por parte das persoas candidatas dos requisitos e especificacións exixidos na convocatoria, a Xerencia, no exercicio das competencias delegadas que ten atribuídas mediante Resolución do 21 de abril de 2022, e de conformidade con disposto no artigo 19 do Regulamento de mobilidade do PAS funcionario da USC, resolve a referida convocatoria como a seguir se indica:

Adxudícase o posto, nos termos que se expresan no anexo.

O réxime de toma de posesión será o establecido no artigo 4 do Regulamento de mobilidade do PAS funcionario da USC.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite a resolución expresa ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2022

Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Posto que se adxudica:

Denominación do posto: Secretaría. Consello Social.

Número de praza: PF000995.

Subgrupo: A1/A2.

Nivel: 28.

Complemento especifico: 21.790,16 euros.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

Datos persoais da adxudicataria.

Apelidos e nome: Villamayor Álvarez, Marta.

NRP: ***3077*02A1122.